Compañeiras/os:
UGPOL é xa unha realidade, grazas á demanda de numerosos/as Policías Locais de Galicia demos os primeiros pasos para canalizar toda a forza nun mesmo punto de apoio, e o resultado pode dicirse que tivo a súa visibilidade no ano 2017, no propio día da Policía Local de Galicia, coincidindo co décimo aniversario da Lei de Coordinación 4/2007.
Desde a data, temos unha razón máis para facer da nosa profesión un orgullo, da nosa vocación de servizo público un obxectivo, e das nosas diferenzas a UNIÓN.
Po iso, pola necesidade de trazar unha meta e de prosperar no que nos une, dámosvos a benvida querendo que vos sumedes a este proxecto e multipliquédelo na medida do posible.
Tres grandes ideas que nos inspiran e vannos a guiar nos inicios deste gran proxecto co apoio de todos vós:
- Defensa da PL de Galicia (a todas as instancias, administrativas, xudiciais, prensa…)
- Formación e información..
- Presenza na Comisión de Coordinación de PP.LL.