Coñecenos

A Asociación Profesional “Unión Galega de Policías Locais” (UGPOL) nace por e grazas á demanda e inquietude de números@s Policías Locais de Galicia que a través de redes e grupos sociais mostran o seu interese en compartir experiencias profesionais, establecer protocolos comúns de actuación, formas de traballo,  procura de formación e coñecemento de medios técnicos, ademais de achegar infinidade de propostas para mellorar profesionalmente en distintos ámbitos e niveis: lexislativo, formativo e organizativo…

Todas esas inquietudes de compañeiros e compañeiras, marcaron o inicio da creación de UGPOL,  asociación formada por funcionarios de carreira, membros da Policía Local de Galicia e que deron os primeiros pasos para canalizar toda a forza nun mesmo punto de apoio, e cuxo resultado é esta Asociación Profesional que desde que foi rexistrada e publicada (DOGA 105 do 5 de xuño de 2017) ten unha razón máis para facer da nosa profesión un orgullo, da nosa vocación de servizo público un obxectivo, e das nosas diferenzas a UNIÓN.

Por iso, pola necesidade de trazar un camiño de coordinación en consonancia coas administracións e grupos sociais implicados e manter unha cooperación e colaboración necesaria para a imaxe da Policía Local, o noso compromiso é prosperar polo que nos une,  a profesionalización e fortaleza da Policía Local de Galicia.

É  moito o traballo,  tempo e a dedicación que se precisa para cumprir todos e cada un dos fins establecidos nos estatutos, pero coa unión de todos poderemos lograr alcanzalos:

Son moitos os obxectivos e fin perseguidos, entre eles:

  • Dar a coñecer á sociedade o meritorio labor dos membros da Policía Local de Galicia, facendo eco dos seus logros, problemas e inquietudes no correcto desenvolvemento das súas funcións.
  • Mellorar as condicións profesionais na Policía Local de Galicia e contribuír á mellora dos servizos que se prestan á sociedade.
  • Propoñer ás Autoridades Públicas, aos Gobernos e aos Organismos Públicos ou privados cantas iniciativas tendan a mellorar a eficacia no servizo prestado pola Policía Local de Galicia.
  • Convocar conferencias, charlas, debates ou coloquios sobre materias relacionadas coa Policía Local de Galicia, ou coa seguridade pública ou privada, así como instar ás diferentes administracións implicadas á súa celebración.
  • Asesorar e aconsellar aos policías nas súas actuacións profesionais.
  • Alentar, fomentar e estimular a formación, preparación, actualización e capacitación dos membros da Policía local de Galicia.
  • Incentivar o uso de novas tecnoloxías e dar a coñecer os avances técnicos existentes en materia de seguridad
  • A representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais da Policía Local de Galicia.
  • Eliminar os estereotipos e prexuízos aos que se ve sometido a Policía Local de Galicia.
  • Etc…

Sen máis, agradecer de antemán a confianza depositada,  esperar sen dilación o voso apoio e unión a esta asociación,  para lograr os obxectivos.

¡Máis que nunca!  Unión Galega de Policías Locais. UGPOL.

 

[recaptcha]